O primeiro, a seguridade

0
630

A organización dos Campionatos de Europa Master e Maratón Pontevedra 2016 conta cun completo dispositivo para garantir o normal desenvolvemento da competición e a tranquilidade de participantes e público.

Para a prevención de riscos no contorno do río, estableceuse un servicio de vixilancia e rescate por parte de especialistas, que dividiu o campo de regatas en tres zonas:

-Zona 1 (próxima á salida): Ponte dos Tirantes. Entre o pantalán 0 e a Ponte Peonil.

-Zona 2 (na zona media do campo de regatas): Entre a Ponte Peonil e a praia fluvial.

-Zona 3 (punto máis afastado, onda a última ciaboga): Entre a Ponte do Tren e a Ponte das Palabras.

 

O servicio de vixilancia e rescate está composto por:

-GEAS da Guardia Civil: 1 lancha.

-Bombeiros de Pontevedra: 1 moto acuática con padiola remolque.

-Protección Civil de Pontevedra: 1 lancha.

 

Especial atención merece a zona de porteo, tanto na saída da agua coma no regreso á mesma. Controlarase o acceso do público á grada dende a ponte dos Tirantes para evitar accidentes ou alteracións da competición. A situación dos servicios de rescate no río (GEAS, Bombeiros e Protección Civil) será a disposta para o contorno do río.

 

Emerxencias, asistencia e medio ambiente

En previsión da eventual necesidade dun servicio de emerxencia, tanto a vía de entrada coma a posible evacuación dun ferido efectuaranse por Monteporreiro e a Ponte das Palabras. Xa que logo, habilitouse un carril de acceso para os veciños entre a Rúa do Mare e a Rúa da Poza. Na zona de competición habilitarase un carril dun ancho de 4 metros para facilitar a chegada da ambulancia aos puntos de evacuación do río, que estarán principalmente na beira sur (Avenida de Buenos Aires).

O servicio asistencial correrá por conta da Cruz Vermella Provincial de Pontevedra, que disporá dun hospital de campaña, situado na Avenida de Buenos Aires, próximo á zona de competición; unha ambulancia, situada a carón do hospital de campaña e un médico. De ser necesaria a evacuación dos competidores, o centro asistencial de referencia é o Hospital Domínguez, en na Rúa Castelao. Caluera outra evacuación poderá ter como destino o Hospital Montecelo, en Mourente.

Para previr vertidos no río disporase do servicio de Viaqua. No tocante á zona de porteo, disporase do servicio de Ferrovial para a limpieza da zona, ademais de evitar riscos para os participantes, como escorregóns ou tropezos.