Pontevedra xa ten a bandeira do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón

0
469

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro recolleu esta tarde a bandeira do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón en Bohinj, localidade eslovena, onde se disputa a presente edición. Pontevedra será a anfitriona en xullo de 2016, aínda que as datas está por confirmar. O que si está decidido é o escenario desta concurrida proba: o río Lérez.

Anxos Riveiro acudiu a Bohinj a recoller a bandeira que se lle entrega á cidade organizadora do Campionato. Foi un acto oficial de mans dos representantes da European Canoe Association.

A concelleira aprobeitou a súa estancia na localidade para apoiar a todos os piragüistas galegos e presenciar a práctica totalidade das probas e coñecer as necesidades que poida haber no campionato de Pontevedra.