Pontevedra recolle en Eslovenia a bandeira do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón

0
358
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro acompañada dun técnico do servizo, viaxan esta fin de semana á cidade eslovena de Bohinj para recoller a bandeira do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón que se celebra na localidade.

A delegación pontevedresa recollerará a bandeira nun acto oficial previsto no peche do Campionato que se celebrará o sábado pola tarde.

Pontevedra collerá o relevo de Bohinj e celebrará en xullo de 2016 o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón no río Lérez. A data concreta está por pechar dado que no caso de Pontevedra depéndese das mareas do Lérez.

Consulta o web do campionato deste ano.