O Concello recolle en Eslovenia a bandeira do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón

0
450

O Concello de Pontevedra recolle este fin de semana a bandeira do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón que se celebrará en Pontevedra en xullo de 2016. A concelleira de Deprotes, Anxos Riveiro xunto a un técnico municipal visitan esta fin de semana a localidade esolvena de Bohinj para participar na recollida da bandeira que será no transcurso dun acto oficial que se celebrará este domingo ás 17.00 horas.

O campionato celébrase este sábado e domingo, e a delegación pontevedresa presenciará todas as probas do campionato, e tamén recibirá protocolariamente a bandeira organizativa das mans da European Canoe Association para comezar a organización oficial nos seus últimos 12 meses, e dar a coñecer entre os deportistas élite, master e público en xeral a cidade, e o evento do vindeiro ano, tanto como sede deportiva como destino turístico.


Flyer 1